Socio fundador da sociedade laboral Xeneme Innovación Social desde 1998.
Educador Social. Experto en Xestión Cultural. Máster en Responsabilidade Social Empresarial. Especialista en mediación de procesos comunitarios, innovación social e creatividade.
Desenvolvo a miña actividade como formador, consultor e project manager en proxectos de servizos sociais, educativos e culturais.
Nos últimos anos traballo como consultor en transformacións organizacionais mediante a dixitalización de procesos, o uso de metodoloxías áxiles e a innovación con metodoloxías creativas como Design Thinking.
Dirixo o centro sociocultural municipal Local de Música de Pontevedra desde 2008.
Son docente e titor no curso de Experto Universitario en Xestión Cultural da Universidade de Santiago de Compostela desde 2015.